Friday 10 de May de 2024

Cursos de manexo de móbiles para persoas maiores de 60 anos en Santa Cruz, Oleiros e Iñás


O luns abre o prazo de inscrición para un curso de manexo de móbiles de 30 horas dirixido a persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Oleiros. A oferta deste obradoiro está enmarcada dentro do programa de “Alfabetización dixital” organizado desde a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade.

Nestes cursos aprenderase de forma práctica, amena e guiada a utilizar e aproveitar as posibilidades que ofrecen os smartphones, proporcionando benestar persoal, ocupando o tempo de lecer e a súa relación co entorno. A persoa participante desenvolverá habilidades básicas no manexo de móbiles, aplicando as novas tecnoloxías á súa vida, axeitándoas ás súas necesidades e desenvolvendo a capacidade de seguir aprendendo por si mesmo.

As inscricións serán desde o luns 4 ao venres 8 de setembro, chamando ao 981 610 000, en horario de 16 a 18 horas. Para calquera aclaración, as persoas interesadas poden poñerse en contacto con Servizos Sociais e Igualdade.

Sta Cruz (Centro cívico) – Nivel Básico
Datas e horario: mércores, xoves e venres de 10 a 12 horas (setembro e outubro)

Oleiros (Casa Charry) – Nivel Medio
Datas e horario: martes, mércores e xoves de 10 a 12 horas (outubro e novembro)

Iñás (Casa do pobo) – Nivel Medio
Datas e horario: martes, mércores e xoves de 10 a 12 horas (novembro e decembro)